Os zoqueiros fan zocos e zocas, calzado habitual entre as xentes dun país húmido e aberto ás chuvias e neves das longas invernías. As empeñas de coiro mércanllas aos zapateiros. Para faceren os paus dos zocos e mais as zocas utilizan madeira de bidueiro, ameneiro ou salgueiro. Adoitan traballar nos seus obradoiros, pero ao remate do outono poden saír ambulantes a faceren os encargos que lles pidan, levando a ferramenta nun cesto de longo aro.
Os oficios (sala I)
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga