Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SERVIZOS

Servizos que ofrece o Museo

EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL: Visitas Grupos


GRUPOS

ESCOLARES 

A pandemia tivo como consecuencia a paralización das saídas didácticas dos centros escolares, tamén claro, aos Museos. A pesar desta dificultade, no DEAC do Museo do Pobo Galego non queremos deixar de estar en contacto con vós, coa comunidade escolar, aproveitando o potencial didáctico dos fondos da entidade, cunha serie de materiais e actividades a través das TIC e da comunicación dixital.

Como todos os programas do DEAC do Museo, estes que vos presentamos, cumpren cos principios, obxectivos e metodoloxías do Proxecto Educativo do Museo (PEM), usando o noso patrimonio como espazo de convivencia e diálogo e coas persoas no centro da acción educativa e cultural. Esta acción, inclusiva e integradora, realízase desde un axuste entre as filosofías educativas das intelixencias múltiples, as teorías da aprendizaxe experiencial e da pluralidade das aprendizaxes, combinadas co foco nos elementos patrimoniais, o diálogo, a participación e a simulación.

Programa Educación Infantil e Primaria


Programa Educación Secundaria e Ciclos Formativos.


O horario para desenvolver actividades dirixidas polo persoal do DEAC é de martes a venres de 11h a 14h.

O horario de apertura do Museo é de 11h a 18h de martes a sábado. Domingos de 11 a 14h. 

Nesta mesma páxina, no apartado DEAC- Materiais de apoio, tedes unha recompilación de materiais didácticos en liña aptos para usar nos Centros Educativos como complemento formativo. O nome do arquivo é "Materiais Programa Escolar MPG 2020/21"

 

OUTROS GRUPOS

ETIQUETA COVID19

Todos os grupos deberán reservar data e hora con antelación suficiente. A entrada ao Museo terá que facerse respectando as normas sanitarias e o aforo permitido en cada momento.  

O DEAC ofrece a posibilidade de realizar visitas comentadas cunha duración de 50/60 minutos escollendo entre os itinerarios Histórico-Artístico; Mar e Campo; Oficios, Indumentaria e Música; Arquitectura Popular e Sociedade ou unha visita xeral de achegamento a todos estes contidos. A realización destas visitas estará en función da dispoñiblidade dos e das educadoras do departamento e en horario de mañá e das recomendacións sanitarias en cada momento. O custe destas visitas comentadas para persoas adultas é o da entrada correspondente máis 20 euros por grupo.  

Un  Museo é un espazo onde se atopan públicos diferente con obxectivos diversos polo tanto, hai que lembrar que debemos ter unha actitude respectuosa,  tanto de cara ao goce do resto das persoas que estean no Museo canda nós, como cara ao uso seguro de accesos e espazos comúns. Solicitamos aos e ás responsables dos grupos que mecionen expresamente este punto ás persoas que os integran.

VISITANTES EN FAMILIA E  AMIZADES

As visitas con nenos e nenas contan co xogo de descubrimento "Coscobellos ao cesto". Esta proposta convida a un percorrido diferente polo Museo,  no que á vez que obtemos  información sobre a colección,  xogamos cun dos personaxes que integran o rico mundo simbólico galego.

Este material é de balde e podedes descargalo no apartado "Materiais de apoio e videoteca". Está dispoñible en galego, castelán e inglés.

Para reservar visitas ou actividades escribide a servizosdeac@museodopobo.gal

As actividades didácticas do Museo do Pobo Galego contan co patrocinio especial do Concello de Santiago de Compostela.

                                              


Horario de atención DEAC

Horario do Museo

De Martes a Venres::
11 -14 horas // 16 - 17:30 horas

Préstamo

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Solicitude de préstamo de materiais e videoteca
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca

Solicitude

Formulario de solicitude de visita/actividade didactica

Formulario de solicitude de visita/actividade didáctica
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade