Nun sentido amplo, considérase arquitectura toda intervención sobre o territorio para adaptalo ás condicións da vida humana, desde o trazado de camiños e a decrúa de terras de cultivo ata as edificacións propiamente ditas.
A pedra local é o material básico, e as diversas solucións construtivas obedecen ás características cambiantes do medio. A casa do litoral comprende desde as vivendas máis humildes das aldeas de pescadores ata as sólidas edificacións dos portos, en boa cantería, e moitas veces con soportais. A do interior presenta desde o tipo propio das serras, adaptado a condicións meteorolóxicas extremas, ata a casa das comarcas agrícolas, máis ampla e confortable.
A carón da vivenda encóntranse outras construcións auxiliares, cunhas características determinadas pola súa función: hórreos e alpendres para o almacenamento de produtos e apeiros agrícolas; cortes, pombais, alvarizas para os animais; eiras, muíños, fornos, adegas, obradoiros de oficios, destinados á elaboración e transformación dos produtos; feiras temporais ou permanentes onde se practica o intercambio; fontes, pozos, lavadoiros e outros sistemas de aproveitamento dos recursos naturais.
Habitat e arquitectura
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga