Está constituída principalmente por fondos etnográficos, aínda que tamén recolle obxectos arqueolóxicos e artísticos. Actualmente supera os 11 500 rexistros e segue medrando grazas á colaboración de particulares e entidades.
Unha grande parte das pezas ingresaron en concepto de doazón ou depóito, que proveñen en moitos casos dos propios patróns e socios do Museo, pero tamén son moitas as persoas que, sen teren relación previa, se achegan a colaborar coa nosa institución, cedendo obxectos de moi diversa índole.