Galicia posúe unha antiga e fonda tradición mariñeira, reflectida en multitude de manifestacións materiais e espirituais.
O antigo refectorio do convento de Bonaval acolle a Sala do Mar, que reúne unha mostra representativa das embarcacións máis peculiares de Galicia.
A exposición compleméntase con outras pezas, deseños e maquetas. Así, pódese seguir o proceso de construción dun pesqueiro, ver os útiles e modelos do carpinteiro de ribeira, coñecer como eran os primitivos motores, como traballan as distintas artes e que especies capturan.







O mar
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga