Os canteiros foron os artífices do noso rico patrimonio monumental. Casas, igrexas, cruceiros, petos de ánimas, son boa mostra do seu saber artístico. Traballan a pedra para a construción, preparan cachotes, perpiaños e cantería de granito. Moito máis doado é o traballo da lousa, que só cómpre retocar co pico e a maceta.
No seu traballo chegaron moi lonxe da terra de orixe, e así xorde a necesidade de crearen vínculos de confraternidade, que se manifestan no verbo dos arxinas, a fala coa que se comunican entre si.
Os oficios (sala I)
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga