A sala ofrece un percorrido polas diferentes manifestacións dos usos, costumes, prácticas e crenzas que, en conxunto, caracterizan o pobo galego desde a perspectiva da antropoloxía social.
Baixo o epígrafe “Espazo e sociedade” inclúese a casa e a familia, a organización territorial, a propiedade e a herdanza, a produción e o intercambio. “O devalar das horas” representa a secuencia dos traballos e os días no decurso dunha imaxinaria xornada. “O tempo, un concepto cíclico” fai un repaso polas festas e os labores propios de cada estación do ano. “A corrente da vida” abrangue o decorrer da existencia humana desde o nacemento ata a morte. “Crenzas e saberes” ocúpase, por último, das manifestacións simbólicas e das prácticas de protección e curación no mundo tradicional.
Sociedade e tradición
Organización do tempo
A corrente da vida
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga