O tecido ten como materias primas principais o liño e a la. Predominou o primeiro durante moito tempo, ocupando amplas áreas de cultivo, e chegaron a exportarse lenzos moi apreciados. Hoxe case desapareceu, debido á competencia da produción a grande escala doutros países, e tamén ao laborioso da súa transformación.
No proceso, case exclusivamente feminino, a planta é sometida a diversas operacións sucesivas para preparar a fibra: ripa, cocido, maza, deluva, tasca, espadela, aseda, ata que chega ao fiadeiro. O fío pasa logo a mans das tecedeiras, que o elaboran no tear e cobran por iso unha cantidade en metálico ou unha parte do lenzo.
Os oficios (sala II)
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga