O traxe tradicional pódese dividir en dous grandes grupos: de cotío ou faena e de garda ou gala, moito máis complicado e rico este có primeiro, tanto pola calidade dos tecidos como pola variedade das pezas e riqueza dos adobíos e complementos.
Dependendo da ocasión, a zona e as posibilidades, a muller viste camisa, enaguas, refaixo, saia ou vasquiña, mantelo, mandil, xustillo e dengue ou chaquetilla, pano do busto, mantón ou pano de oito puntas, e cobre a cabeza con pano, cofia ou mantela. O home leva camisa, cirolas, calzón, chaleco, chaqueta, faixa, e tócase con pucho, monteira ou tella. O calzado é, en ambos os casos, zocos ou zocas para os días de cotío e zapatos co traxe de gala.
En Galicia fanse finísimos labores de encaixe de palillos, coñecido como de Camariñas por ser a zona onde se concentra maiormente a comercialización da produción, espallada polo litoral coruñés entre Noia e Malpica.
As palilleiras adoitan ser mulleres e fillas de pescadores, que contribúen con esta tarefa á economía familiar. Os seus útiles son a almofada e os palillos. Sobre a primeira fíxase o cartón co deseño, que se pica cos alfinetes aos que se amarran os fíos envoltos nos palillos; o xogo destes require gran atención e habelencia.
O traxe
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga