A música maniféstase en todas as facetas da existencia: das cancións de berce ás danzas e cantos de festa e as toadas que acompañan o traballo do mar e da terra, a música marca o ritmo da vida cotiá.
Os instrumentos tradicionais máis comúns son a gaita, a zanfona, os ferriños, o pandeiro, as castañolas, o tamboril. Menos usuais ou estendidas son a requinta, a chirimía, a trompa ou berimbao. Outros, coma o violín e o acordeón, son de incorporación máis recente. Polo demais, utilízanse múltiples artefactos capaces de producir sons e marcar o ritmo: asubíos, cornas, buguinas, cunchas, paus, chaves, tixolas, botellas, chocolateiras...
Os bailes máis populares son a muiñeira e as súas variantes, a pandeirada e outras incorporadas, como a xota e o fandango. As bandas de música contribuíron a popularizar melodías xa anosadas no acervo musical, coma o pasacalle e o pasodobre.
A música
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga