Na sección de Arte exhíbese unha colección de pintura a través da cal se pretende ofrecer unha panorámica do desenvolvemento da plástica desde o século XVI ao primeiro terzo do XX, a través de firmas como García de Bouzas, Arias Varela, Ferro Requeixo, Fierros, Ovidio Murguía, Sotomayor, Corredoyra, González del Blanco ou Juan Luis.
O coro da igrexa conventual acolle un conxunto de obras de arte sacra, entre as que destacan a imaxe da Virxe da Porta do Camiño, do século XIII, e diferentes tallas de época barroca, coma o San Domingos de Cendón Buceta ou o Cristo do Desencravo de Ferreiro. Tamén resalta pola súa factura e efectismo o facistol orixinal do convento. Así mesmo, resérvase un xusto lugar ao gravado, do que Compostela foi un grande expoñente.










Arte Sacra
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga