DIM 2021 PROGRAMA DE ACTIVIDADESMartes 18 Xornada de portas abertas con entrada de balde.Xoves 20
18h - Visita comentada con Paula Ballesteros, comisaria da mostra Ons.Soa. Asistencia limitada. Inscripción previa en deac@museodopobo.gal19h - Mesa Os museos galegos agora. Coa participación de Santiago Olmo, director do CGAC; Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo; Esperanza Gigirey, directora do Museo das Peregrinacións; e Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego. Presencial con prazas limitadas e retransmisión en directo ( streaming). Para asistir presencialmete hai que inscribirse en deac@museodopobo.galSábado 22
12h - Cocer e Cantar. Espectáculo familiar de títeres e música da compañía Seisdedos. Capacidade máxima reducida.
Entradas de balde en VivetixEXPOSICIÓNS
OnsSoa
Os carteis do 8M nas coleccións do Museo do Pobo Galego
Mostra bibliográfica sobre Xela Arias.
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico está promovida polo Museo do Pobo Galego. O Museo é unha institución sen ánimo de lucro, cuxo traballo está orientado cara aos obxectivos xerais de investigación, conservación, divulgación, defensa e promoción da cultura galega en todos os seus ámbitos desde a perspectiva da antropoloxía cultural. Neste contexto, o do campo da antropoloxía social e cultural, o modo narrativo complexo que é o cinema ten demostrado ser un excelente medio de representación capaz de capturar elementos que dificilmente poden alcanzar outras linguaxes. E isto xa o sabían persoas como Xoaquín Lorenzo, Xocas, fundador e primeiro Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. El, que na década dos trinta sentaba as bases da etnografía galega moderna, foi o artífice, xunto a Antonio Román, de O Carro e o Home, unha das películas fundacionais da cinematografía galega e que forma parte do legado que Xocas deixou ao Museo. Parecía lóxico, polo tanto, que a entidade facilitase un espazo de divulgación do cinema etnográfico, o que se fixo desde 2005 a partir dun proxecto do DEAC (Departamento de Educación e Acción Cultural) do Museo.
O evento quere dar a coñecer os traballos audiovisuais que se fan no campo da etnografía e a antropoloxía visual, concepto que nace ao redor da década dos 40. Nesta altura a corrente do cine etnográfico era positivista, cun marcado carácter etnocéntrico. Vai ser a irrupción de movementos como o cinema verité ou o direct cinema estadounidense os que marcarán un camiño para salvar as limitacións narrativas no cinema etnográfico. Na actualidade as posibilidades e variedade de modalidades mediante as que se representan as culturas van desde o documental clásico expositivo ate os ensaios fílmicos máis experimentais, pasando polo cinema directo, o vídeo-diario ou as narrativas autorreflexivas.
Entre os obxectivos da MICE están:
• Difundir propostas audiovisuais que produzan coñecemento sobre os colectivos sociais e as culturas humanas, pero que tamén coiden o punto de vista cinematográfico exhibindo os traballos destacados neste campo e abordando as novas tendencias no cinema etnográfico;
• Potenciar e divulgar a creación de traballos audiovisuais con este carácter en Galicia; Posibilitar un foro en Galicia para aquelas persoas interesadas na relación entre o cinema e a antropoloxía social e cultural;
• Amosar unha Etnografía que vai moito máis alá do exótico, do primitivo ou do tradicional, cunha práctica na que se integran as olladas sobre as persoas e os contextos do presente, os cambios sociais e a diversidade cultural da época na que nos tocou estar;
• Incidir nun tipo de cinema diferenciado que promove o coñecemento e o respecto pola diversidade, así como o uso da arte cinematográfica como ferramenta para o cambio;
• Tratar singularmente o cinema etnográfico realizado por mulleres, un colectivo que, como outros minorizados, leva tempo construíndo unha narrativa na que poida recoñecerse, tamén nesta relación de confluencia entre a teoría e a práctica cinematográfica e a antropoloxía social e a cultural.
PALMARÉS
🔸 Mellor Película Etnográfica: "Nimble Fingers", de Parsifal Reparato.
____ Mención de honra a "Curupira, bicho do mato", de Felix Blume.
🔸 Mellor Película Galega: "Hora Silenciosa", de Noelia Muíño
____ Mención de honra para "Stockroom, de Sol Mussa Juane
🔸 Premio Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO) para "Entre Lobos", de Adrien Camus.
🔸 Premio do público para "Mot de Passe: Fajara" de Patricia Sánchez Mora e Séverine Sajous.
14ª MICE Museo do Pobo Galego, do 25 ao 31 de marzo de 2019 co apoio do Concello de Santiago, da Deputación da Coruña, da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Folleto Programación 14 MICE-Museo do Pobo Galego

A música e as fronteiras, temáticas principais nas seccións paralelas da 14ª MICE
Muller nas estremas
A MICE leva anos dedicando unha parte da programación ao cinema etnográfico feito por mulleres. Este ano, a sección Impropias, continua coa vontade de visibilizar as miradas das realizadoras. As docentes e investigadoras Margarita Ledo Andión e Marta Pérez Pereiro coordinaron unha selección de filmes baixo o lema Muller nas estremas, que abordará a temática das fronteiras físicas e simbólicas dende un enfoque de xénero, pois, como indican, “as mulleres seguen sendo un colectivo en risco de exclusión, dobremente marxinado cando se fala de migracións e exilio”.
Nesta sección inclúense películas de realizadoras que, de forma non casual, están lindando nas marxes da industria audiovisual, máis preto dos circuítos da vídeo-creación e a arte. Impropias estreará en Galicia películas como Performing The Border, de Ursula Biemann, un ensaio visual que nos achega ao espazo fronteirizo entre Estados Unidos e México, e que investiga a crecente feminización da economía global e o seu impacto nas mulleres mexicanas. Tamén se poderá ver nesta sección Surname Viet Given Name Nam, da cineasta vietnamita Trinh T. Minh-Ha. Este documental traballa coas fronteiras culturais desenvolvendo preguntas sobre a identidade e a memoria cultural a través das vidas e das historias de mulleres de Vietnam e Estados Unidos. Completa Impropias unha terceira sección, que escenifica os límites físicos, políticos e económicos entre Europa, África e Asia. Estará formada por Europlex de Ursula Biemann e Angela Sanders, Mapping Journey #1, #2 e #3 da artista Bouchra Khalili, Tout le monde aime le bord de la mer, da cineasta galega Keira Espiñeira, e Hyohakusha (camiñante sen rumbo), de Xisela Franco e Anxela Caramés.
Etnomusicoloxía dende a tradición ao pop
O Cineclube de Compostela colabora por terceiro ano consecutivo coa MICE na sección Trazas. Se na edición anterior esta sección constou dunha escolma de filmes na que se relacionaban as diferentes estratexias ficcionais co cinema etnográfico, este ano mantense esa variedade de enfoques para abordar a música en relación coa etnografía. Os filmes que compoñen Trazas van así dende un enfoque clásico, preocupado polo rexistro de tradicións en vías de desaparición, aos xeitos nos que a música popular se integra na nosa vida cotiá, levándonos de paso da Coruña a Cuba, ou de Mauritania ao Reino Unido.
A primeira sesión da sección recolle filmes da década dos 60 que mostran diferentes formas de folclore musical, e que apuntan á ameaza dunha modernidade que acabará suprimindo ou modificando eses rexistros: os cantos de traballo dos presos negros en Afro-American Work Songs in a Texas Prison, da directora americana Toshi Seeger; as baladas británicas que pervivían a principios do século XX en Carolina do Norte en The End of an Old Song, do musicólogo John Cohen, ou o retrato dos instrumentos
|
Etnomusicoloxía dende a tradición ao pop OUTRAS ACTIVIDADES NA MICE
SÁBADO 30 PROXECTA CONSTRÚE A cuestión de xénero nos festivais de cinema. 12h30 Cantina do CGAC Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema organiza esta mesa de debate entre profesionais do sector. Nesta ocasión, traballadoras de festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia, tratarán de facer unha radiografía da situación das mulleres neste ámbito, analizar as áreas de maior responsabilidade e liderazgo e o emprego feminino nestes eventos así como propoñer prácticas e estratexias para abordar as cuestións de xénero neste contexto. DOMINGO 31 VERMÚ MICE De Lomax a YouTube. Prácticas musicais comunitarias e arquivos dixitais abertos. 12h30 CSC Conxo En relación coa temática que atravesa a sección Trazas nesta edición, imos ter nesta Vermú MICE a representantes de distintos arquivos sonoros e audiovisuais que están dixitalizando e compartindo os seus fondos. Falaremos de preservación, accesibilidade, uso dos contidos, do efecto das plataformas para compartir vídeo e música e achegarémonos a proxectos como o APOI, A Música Portuguesa a Gostar dela Própia, PRENOM, LuarTube, Proxecto Socheo, Europeana Sounds ou Folkstreams entre outros. Con Tiago Pereira (A música Portuguesa a Gostar dela Própia), Concha Losada (APOI-Museo do Pobo Galego), Mar Catarina (PRENOM) e María Jesús López (CRTVG) nunha conversa moderada por Cibrán Tenreiro, Doutor en Comunicación e Información Contemporánea pola USC, xornalista e músico. HORARIO
MICE DIDÁCTICA Taller Tránsito á Captura (ver en actividades do Museo). **************************************************************************** Facemos cinema sen cámara. Obradoiro creativo de cinema para familias HORARIOS: Sábado 30 e domingo 31 de marzo ás 11h00 no Museo do Pobo Galego. PÚBLICO: nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e familias. PREZO: 4€ materiais por participante [redución por máis dunha crianza da mesma familia a 3€ por persoa]. INSCRIPCIÓN PREVIA (por orde de chegada): servizosdeac@museodopobo.gal |
Palmarés
Premio ao Mellor Filme Etnográfico - Grab and Run, Roser Corella
Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego - Os fillos da vide, Ana Domínguez
Mención especial do Xurado - Ohne diese Welt, Nora Fingscheidt
Premio do Público - Belén, Adriana Vila
Fotografía Cartaz. Ana Riveiro
As entradas para as sesións do Teatro Principal póden recollerse desde o venres 1 de xuño, na billeteira do teatro.
Para a sesión do martes, día 5, en NUMAX poden recollerse desde o sábado 2 de xuño na propia sala.
As entradas para o Salón Teatro poden recollerse desde o venres día 8 de xuño, a partires das 16h30.
No MPG recóllense na recepción o mesmo día da proxección.
TODAS AS SESIÓNS DA 13ª MICE SON DE BALDE
12ª MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego
29 de maio ao 3 xuño 2017. Santiago de Compostela.
Palmarés
Premio á Mellor Película Etnográfica - L'eau Sacrée, Olivier Jourdain
Premio á Mellor Película Etnográfica Galega - Esquece Monelos, Ángeles Huerta
Premio do Público - L'eau Sacrée, Olivier Jourdain
Promos 12ª MICE. Dirección Mónica Ares. Música, Raul Bartolomé.
Fotografía Cartaz, Borxa Toxa

11ª MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
Museo do Pobo Galego
Do 13 ao 18 de xuño de 2016
Palmarés
Premio do Público e Mención Especial do Xurado- Os días afogados, Luis Avilés Baquero e César Souto Vilanova
Premio á Mellor Película Etnográfica Galega- O tesouro de Corcoesto, Cora Peña
Premio á Mellor Película Etnográfica- Muros, Pablo Iraburu e Migueltxo Ayestarán

10ª MICE MUSEO DO POBO GALEGO Promo
Dirección Cinta Adhesiva
9ª MICE MUSEO DO POBO GALEGO Promo
Dirección Illa Bufarda
De Martes a Venres::
11 -14 horas // 16 - 17:30 horas