ADRA: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego é unha publicación anual que naceu para ser un vieiro de comunicación entre as persoas asociadas, unha achega á consolidación do Museo do Pobo Galego como referente cultural para toda a cidadanía galega.
ADRA recolle artigos de opinión, investigación e novas de todas aquelas persoas interesadas en contribuír á divulgación do que se fai e traballa en relación coa cultura galega.
Así mesmo a revista deseñou unha fórmula de participación en rede co fin de achegar a publicación ao máximo número de iniciativas posibles. Así cada número conta con patrocinadores que contribúen coas súas achegas e ánimos a que esta revista sexa cada ano unha realidade.