O DEAC conta cunha oferta específica para os grupos escolares. Dirixidas polas educadoras e educadores do Museo podedes elixir entre distintas formas de traballar cos contidos.
Infantil e Primaria 2014-15.pdf
Secundaria e Bacharelatos 2014-15.pdf
Para os centros que realicen intercambios con outras entidades docentes de fóra, contamos con dúas opcións de visita ao Museo en galego e español. Unha é unha presentación dos contidos do Museo de aproximadamente 20 minutos; a outra é un xogo de pistas. A duración é de aproximadamente uns 75 minutos.
Os horarios son os mesmos para todos os ciclos e o custe destes servizos por alumno/a é de 70 ct.
Se non se dan as condicións para poder contar co persoal do DEAC, ou simplemente porque así o preferides, tedes a oportunidade de realizar a visita por libre sen ningún custe. Nesta mesma web contades con materiais de apoio para descargar.
O DEAC ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas cunha duración de 50/60 minutos escollendo entre os itinerarios Histórico-Artístico; Mar e Campo; Oficios, Indumentaria e Música; Arquitectura Popular e Sociedade ou unha visita xeral de achegamento a todos estes contidos.
O horario é de martes a xoves de 11 a 14horas e de 16 a 17.30 horas. Venres de 11 a 14horas. O custe da visita guiada é o da entrada máis 20 euros por grupo de até 25 persoas.
Existen uns materiais para realizar visitas lúdicas sen necesidade da intervención do DEAC. Os grupos de tipo familiar con nenos e nenas teñen a súa disposición o "Remuíño de Pistas". As persoas adultas que o desexen poden usar o "Contidos en anacos". Ambas as dúas propostas convidan a visitar o Museo dun xeito diferente á vez que subministran información sobre a colección e a súa interpretación. Estes materiais son de balde, pídense na recepción e están dispoñibles en galego, castelán e inglés.
Tuesday to Friday::
11 -14 hours // 16 - 17:30 hours