Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.
A Biblioteca inicia a súa andaina coa creación do Museo do Pobo Galego no ano 1977. Ten como obxectivo, amais de apoiar os programas de investigación e actividades propias do Museo, ser un referente bibliográfico para a cultura galega principalmente no campo das humanidades. Acada os 100.000 volumes no tocante a monografías e supera os 2.000 títulos de publicacións periódicas. Os fondos proceden na súa meirande parte das doazóns (85%) realizadas polos membros do Museo (socios e patróns) ou particulares e xunto ás achegas ou intercambio institucionais (12%) conforman o acerbo bibliográfico do Museo.De uso público pero de titularidade privada foi declarada pola Xunta de Galicia Biblioteca de Especial Interese para Galicia, no ano 2012.Conta coas bibliotecas privadas de:
Xoaquín Lorenzo Fernández "Xocas" (Ourense 1907-Lobeira, 1989)
Xesús Taboada Chivite (Verín, 1907-1976)
Antonio Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905- Santiago, 1999)
Antonio Rodríguez Fraiz(Cerdedo, 1912- Campañó, 1995)
Fermín Bouza Brey (Ponteareas 1901-1973)
Manuel Beiras García(Santiago, 1904-1996)
Gustavo Santiago Valencia (Ourense, 1924-2008)
Familia Baltar (Padrón, c.1790-Santiago, 2005)
Xunto ós fondos bibliográficos unha serie de coleccións de características singulares completan a Biblioteca:
Fondo histórico: impresos e documentos anteriores a 1800.
Pergameos: colección de documentos en pergameo, s. XII-XVI.
Cartografía: mapas, cartas náuticas e planos, s. XVI-XX.
Hemeroteca: Prensa galega desde 1801 a 2000.
Carteis: Colección de carteis de propaganda política, culturais e turísticos.
Música: Colección de partituras impresas, s. XX .
Facticiasfollas voandeiras e impresos de temática diversa: programas de festa, folletos turísticos, coplas de Maios, letras das comparsas de Entroido entre outros.
Arquivos persoais e familiares:
Beiras García, M.(documentos privados e de función)
Blanco-Cicerón, Ricardo (documentos privados e de función)
Fraguas Fraguas, A.(documentos privados e de función)
García-Orellán, R. (documentos de investigación, 1960-2013)
Lorenzo Fernández, X. (documentos privados e de función)
Pérez Rúa, M. (documentos políticos, 1970-1985)
Rodríguez Fraiz, A. (documentos privados e de función)
Sáez Ponte, E. (documentos políticos, 1970-2000)
Familia Fernández (doc. familiares e notariais,1650-1976)
Familia Miranda (documentos familiares e de función, 1628-1855)
Familia Felpeto (documentos notariais e privados, 1770-1950)
Familia Martul-Tobío (documentos privados, 1936-1950)
Familia García-Martí, (correspondencia, 1938-1940)
Arquivos de entidades/asociacións:
Unidade Galega (1960-1990)
Club Nacionalista Alén Nós
Arquivos empresariais:
La Artística-Alonarti-Vigo (libros de caixa, recibos e pedidos comerciais (1960-1990)
Fundicións Franco-Santiago (recibos e pedidos comerciais)
Servizos
Acceso libre e gratuíto.
Préstamo en sala (o domiciliario está restrinxido aos socios do Museo)
Atención de consultas presenciais, teléfono, correo postal e electrónico
Orientación bibliográfica e asesoramento sobre a utilización dos documentos.
Catálogo OPAC e na rede a través da paxina web do Museo.
Servizo de reprografía (Limitación de reprodución segundo a obra solicitada. Este servizo ten un custe para o usuario).
Visitas guiadas e outras actividades de difusión e pedagóxicas
Horario
De martes a xoves: de 10.00-14.00 e de 16.00-19.00 horas Luns e venres: previo aviso