O DEAC encárgase dos proxectos educativos e da acción cultural dirixida aos distintos públicos do Museo. Visitas dinamizadas, obradoiros, asesoramento, materiais de préstamo, colaboracións con diversos colectivos e un amplo abano de actividades que inclúen conferencias, música, producións audiovisuais e en xeral, iniciativas que procuran achegar e fomentar o uso do noso patrimonio etnográfico e do espazo do Museo por parte da cidadanía.
Para máis información, dirixirse a: deac@museodopobo.gal, ou chamar ao número de teléfono: 981583620
De Martes a Venres::
11 -14 horas // 16 - 17:30 horas