A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno establece que as entidades privadas que perciban durante o período dun ano axudas ou subvencións públicas nunha contía superior a 100.000 euros deberán informar dos datos do seu funcionamento e xestión consonte ao que establece dita lei
Atopándose nesta circunstancia a Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego ofrece na súa pestana de transparencia a información relevante nos correspondentes apartados.
Para calquera aclaración ou dubida pode dirixirse á Xunta rectora da asociación polo correo electrónico administración@museodopobo.gal ou persoalmente nas oficinas do museo de San Domingos de Bonaval.
A Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego
O Padroado do Museo do Pobo Galego é unha asociación privada de carácter cultural sen ánimo de lucro constituída na cidade de Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1976 e declarada de utilidade pública pola orde do Ministerio de Interior de 21 de febreiro de 2005 (INT/669/2005).
Son obxectivos da entidade: investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega e a súa historia en todos os seus ámbitos; e concretamente crear e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos
Polo seu carácter exclusivamente científico e de investigación, a Asociación non se adscribe a ningunha ideoloxía determinada, nin poderá servir outros fins ca os expresados no parágrafo anterior, sen que iso signifique renuncia á participación que na vida pública lle corresponda como entidade cultural, a través das canles que estableza a lexislación vixente en cada momento.
A Asociación desenvolve as súas actividades en Galicia e noutras áreas nas que, polas súas afinidades coa cultura galega ou outras circunstancias, conveña facelo.
O idioma propio da Asociación é o galego. O galego será tamén o idioma usado normalmente nas súas asembleas e xuntas. En consecuencia, todos os seus documentos oficiais serán redactados en galego, salvo aqueles que impliquen unha relación con administracións ou organismos non radicados en Galicia.
Estatutos
Consulte aquí os estatutos en vigor: Estatutos
Estrutura da Asociación
Órganos colexiados:
Asemblea xeral do padroado
Consello de Goberno.
Órganos unipersoais:
Presidencia e Vicepresidencias 1ª, 2ª e 3ª
Secretaría
Tesourería.
Vogais do Consello de Goberno
Representantes de socios/as do Museo do Pobo Galego
Departamentos: Administración
Estrutura do Museo do Pobo Galego
Dirección
Subdirección
Secretaría do museo
Departamentos: Conservación, Biblioteca, Exposicións e Educación e Acción Cultural.