A proposta, elaborada por unha comisión designada polas institucións amentadas, na que o Museo estivo representado polo presidente da Xunta Reitora, Justo Beramendi, pretende "recoñecer como un elemento singular da identidade galega e da súa continuidade histórica o Panteón de Galicia e proceder a regular a súa xestión, uso e conservación, así como a determinación de quen pode ser digno de honra no dito Panteón e do procedemento para levalo a cabo".
O Panteón de Galicia, como parte do patrimonio inmaterial do pobo galego e elemento singular da súa identidade, debe desempeñar "un papel vivo e activo como lugar de encontro, de aprendizaxe e de alento do sentir da comunidade dos galegos dentro e fóra do país".
Con este acto culmina un proceso que se remonta ao 20 de abril de 2006, cando na comparecencia do presidente do Padroado do Museo, Isaac Díaz Pardo, e do propio Justo Beramendi perante o Parlamento de Galicia se fixo unha proposta expresa sobre a necesidade de "desbloquear a situación do Panteón de Galegos Ilustres para dignificalo e dotalo duns contidos acordes co seu nome", entendendo que o Parlamento sería o órgano axeitado para, de acordo coas outras institucións implicadas, colocar o Panteón baixo a súa tutela.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download