A XI edición da bienal fotográfica "EntreAmigos" xa se pode ver no primeiro andar do claustro do Museo do Pobo Galego (lembren que as exposicións temporais son de balde).
Nesta ocasión, e agradecendo encarecidamente a participación, contamos con 21 persoas socias que nos introducen no seu xeito particularde enfrontarse á Etnografía e a Antropoloxía. Con temas moi diversos que abranguen a construcción tradicional, os traballos e as artesanías, o mundo do mar, a etnografía industrial, a antropoloxía de fenómenos urbanos (arte urbana, humanización dos espazos, etc.), a fauna autóctona, a gastronomía e as súas elaboracións, as festas e tradicións...
É unha mostra que agrada visualmente, pois a interpretación non profesional dos nosos costumes, traballos e tradicións, asegura unha inmersión completa nos temas tratados.
O noso agradecemento ás persoas que participan nesta mostra:
Jaime Arcay Fernández, Esperanza Delgado Rosende, Denís Estévez Fernández, Xaime Fandiño Penas, Hixinio Flores Rivas, Jesús García Devesa, David García San León, Clodio González Pérez, Jose María Laredo Cordonié, Concepción Losada Vázquez, Luís Martul Tobío, Francisco Méndez García, Xoán Xosé Molina Vázquez, Eduardo Navarro Iglesias, Eduardo Otero Iglesias, Anxo Regueiro Lopez, Carmen San León Martín, Montserrat Serodio Alonso, Manuel Suárez Varela, Carmen Villar Alonso e Tino Viz Otero.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga