Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020. Esta semana retómase a sexta edición do Foro do Instituto de Estudos das Identidades (IEI), que nesta ocasión se celebra baixo o título de “A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, Lingua e Cultura”. Este foro de reflexión sobre a identidade galega ten como fin repensala dende o século XXI, retomando o legado que deixou a Xeración Nós no ano no que se celebra o seu centenario, segundo explica a organización. O ciclo de conferencias está organizado polo Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación dos profesores universitarios Dolores Vilavedra e Uxío-Breogán Diéguez, en representación de ambas entidades.
O VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades comezou o 12 de febreiro de 2020 cunha conferencia de Daniel Innerarity, catedrático de Filosofía Política e Social da Universidade do País Vasco. Un encontro para o debate e a reflexión que debido á COVID-19 tivo que suspenderse temporalmente na primavera pasada. Esta iniciativa de longo percorrido presentará agora, logo deste obrigado parón, os seus resultados e conclusións ante o público, coa vontade de socializar as análises realizadas, fomentando o diálogo e intercambio de ideas a partir dunha posta en común co mesmo.
O foro, que está composto por cinco mesas que se celebrarán do 4 de novembro ao 2 de decembro, tratará temáticas amplas para obter un enfoque poliédrico da situación identitaria galega. Os temas das mesas son: a identidade galega nos tempos da globalización; a identidade, o patrimonio cultural e o territorio; a situación nos medios de comunicación e as novas tecnoloxías; a cultura popular, a identidade e a sociedade civil e, por último, unha mesa sobre a creación en galego no mundo globalizado.
A primeira sesión do foro terá lugar este mércores 4 de novembro ás 18h00 coa mesa dedicada a identidade cultural galega en tempos de globalización, moderada e coordinada por Paulo Carlos López, profesor no Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC. Nela intervirán Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega da USC; Antía Pérez, profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña (UDC); Olga Castro, estudos de Tradución na University of Warwick.
A actividade será en liña e estará retransmitida a través da web do Consello da Cultura Galega. Non é necesaria inscrición previa. Se queres participar nos debates en directo podes facelo a través do correo participa@consellodacultura.gal
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download