A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico nace en 2006 e deseñouse como un evento do Museo do Pobo Galego para dar a coñecer os traballos audiovisuais relacionados coa etnografía e a antropoloxía, disciplinas científicas nas que se enmarca o traballo do Museo, unha entidade que, despois de máis de catro décadas de existencia, ten que asumir o reto de traer ao presente unha parte fundamental do noso patrimonio. A MICE pretende xerar un espazo de diálogo, de reflexión e de intercambio arredor da confluencia entre a antropoloxía social e cultural e a teoría e a práctica cinematográfica.
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico ten entre os seus obxectivos ir máis alá do exótico, do primitivo ou do tradicional, valores errados aos que nos remite moitas veces o etnográfico. A antropoloxía e a etnografía son disciplinas de longa traxectoria e práctica de estudo dentro dos procesos culturais. Estas ciencias estudan as persoas e os contextos do presente, así como os cambios sociais e a diversidade cultural da época na que nos tocou estar. Son estudos sobre nós, exercicios da antropoloxía científicos pero tamén nos que hai lugar para o poético nese ollármonos como a un outro ou unha outra. A MICE ofrécenos isto traendo as pantallas do festival fitos do cinema etnográfico que son tamén, en moitos casos, fitos da historia fílmica xeral, experiencias recentes e anovadoras, traballos que van da factura clásica ao cinema máis experimental e radical. Aínda que a MICE conta cunha orientación moi especializada, abrangue coordenadas estilísticas e temáticas diversas, polo que a actitude do festival é inclusiva na creación dun espazo social compartido para todos e todas en torno ao cinema e o audiovisual.A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, do AGADIC, Xunta de Galicia e Cultura da Deputación da Coruña. http://mice.museodopobo.gal
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga