Pese ás prioridades que hai que establecer nunha situación como a actual, estas non deberan desprazar outras necesidades polo mero feito de que, na urxencia, nos podan parecer menos perenterorias. O sector cultural e artístico que ven padecendo de longo xa, unha acusada precariedade laboral, suma agora o cese da actividade remunerada. O colectivo que xenera os filmes e series, os libros, a música, a danza, os títeres ou conserva e difunde as obras de arte que nos acompañan e animan nestes días en moitos casos en aberto e de balde, é un colectivo moi vulnerable. No día de onte, a campaña #NonNosCanceles puxo de relevo todo isto, unha campaña á que se sumaron tamén traballadores e traballadoras dos museos.
Os museos son centros culturais, espazos de encontro e de transmisión de valores, que conservan e difunden o patrimonio, promocionan a diversidade cultural e reforzan a participación e a identidade da comunidade na que se insiren. E son ademais importantes activos no sector cultural, que contribúen á inversión económica e a xeneración de emprego. Persoal de conservación e restauración, documentación, exposicións, difusión, acción socioeducativa, pero tamén persoal de sala, recepción, guías, mantemento, seguridade ou limpeza. Un persoal que, desde distintas institucións museísticas en todo o mundo, tamén en Galicia, está facendo un intenso traballo nas plataformas dixitais para manter o acceso ao patrimonio do que se ocupan pero que pertence a todos e todas nós. Porén, a triste realidade é que moitas persoas do sector xa perderon temporal ou permanentemente os seus traballos e que, desde a incertidume sobre o momento e a maneira en que se vai dar a reapertura, así como as previsións da intención de visita e asistencia a actividades culturais, as expectativas de recuperalo vólvense escasas. E sen as persoas que o coidan, a memoria e o significado das cousas e dos lugares perderase.
É moi difícil abrir un museo. O doado é pechalo.
#NonNoscanceles #nonpechesanosamemoria #aculturataméncoida
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga