Desde o Museo do Pobo Galego queremos ofrecervos diferentes xogos e actividades aptas para todas as idades, co fin de achegar ás vosas casas recursos da cultura tradicional.
Nesta entrada poñeránse a disposición materiais que teñen como obxectivo entreter e estimular cognitivamente, usando ferramentas do noso Patrimonio Cultural (como poden ser a música, as festas tradicionais, o baile ou a oralidade) e actividades didácticas inspiradas nos contidos da colección do Museo.
LÁMINAS PARA COLOREAR
Apetécevos pintar? Con esta actividade poderedes colorear láminas inspiradas no noso folclore de xeito lúdico e coñecendo tamén a nosa cultura tradicional. Con deseños de instrumentos de música ou máscaras tradicionais poderedes, entre outras cousas, soltar a vosa creatividade e exercitar ao mesmo tempo a capacidade de atención, estimular a gnosia traballando coas cores e os contornos.
Descargar pichando aquí os deseños realizados por Xoán Ramón Marín Martínez: http://museodopobo.gal/web/MateriaisApoioEstimulacionCognitiva/LaminasColorearANEXO.pdf
Estas láminas pertencen á guía Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. Guía para a estimulación cognitiva realizada entre o Departamento de Éducación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego e AGADEA (Asociación Galega de Enfermos de Alzheimer) na que, a partir do noso patrimonio cultural, deseñamos actividades para exercitar todas as áreas cognitivas. Bótalle un ollo a guía completa aquí: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/file/ActivandoamemoriadesdeoMPG.pdf
ALFOMBRAS FLORAIS
A primavera está a chegar e desde o Museo propómosvos métela dentro da casa. Apetécevos? Aquí dicímosvos como podedes facer unha alfombra floral, desas que engalanan as rúas no mes de maio.
Os pasos a seguir son:
Se tedes finca podedes apañar pétalos pero se non é así tamén podedes debuxalos en cartolinas de cores e recortalos.
Despois tedes que recortar os moldes para facer os deseños da alfombra (obra de Xoán Ramón Marín Martínez). Tédelos aquí: http://museodopobo.gal/web/MateriaisApoioEstimulacionCognitiva/AlfombrasFestaCelebracions.pdf
Con esta proposta lúdica, ademais de coñecer a tradición das alfombras florais, estaredes a exercitar a psicomotricidade, ao executar accións motoras (como recortar coas tesoiras, copiar os padróns, pegar os pétalos etc.), o coñecemento e diferenciación de cores e formas, ou a capacidade de concentración e atención, ao manter un estado de activación mental adecuado.
Podedes ver a descrición completa deste exercicio na páxina 31 da guía Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/file/ActivandoamemoriadesdeoMPG.pdf
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download