Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020. O Departamento de Educación e Acción Cultural (DEAC) continúa a traballar neste ano 2020 na idea do museo como un espazo accesible e inclusivo. Un dos obxectivos principais do departamento é contar cunha programación integradora, que responda á complexa pluralidade da nosa sociedade desde unha visión interdisciplinaria e transversal dos contidos. Neste sentido, e no referente ao deseño das actividades para escolares, o programa para este curso introduce a matemática lúdica centrada na obra do arquitecto Domingo de Andrade e unha proposta de ciencia aplicada á cultura popular levado a cabo polo Club UNESCO Ciência, Tradição e Cultura do Instituto Politécnico de Castelo Branco. O programa educativo do Museo inclusivo, actual e innovador serviulle para que fose seleccionado por un proxecto do Ministerio de Ciencia e Innovación sobre avaliación cualitativa de programas didácticos en museos levado a cabo pola Universidade de Oviedo durante o 2011-2014.
.jpg)
DIVERSIDADE E INCLUSIÓN
O Museo do Pobo Galego impulsa dende o Departamento de Educación e Acción Cultural a colaboración con distintas entidades galegas de atención á diversidade funcional. Este é o segundo ano consecutivo no que se desenvolve un proxecto educativo nesta liña. As actividades, centradas nesta ocasión na relación de Galicia co mar, queren achegarse á experiencia das persoas con diversidade funcional (problemas de mobilidade, discapacidades orgánicas, perdas perceptivas) e discapacidade intelectual no Museo, realizando diferentes focos con distintos colectivos para ir profundando nas necesidades de cada un. Este ano realizáronse sesións con ASPANAES (Asociación de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Compostela), coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e Down Compostela. Ademais de seguir colaborando con asociacións como AGADEA coa guía de recursos para a estimulación cognitiva para persoas con demencia e alzheimer. O obxectivo final é ir conseguindo a mellora da accesibilidade e acadar un espazo no que todo o mundo poda gozar.
DOMINGO DE ANDRADE
Entre os eixos temáticos cos que o DEAC do Museo do Pobo Galego encara o seu traballo para o ano 2020, o arquitecto Domingo de Andrade ten unha presenza importante. O autor da torre do reloxo da Catedral de Santiago de Compostela e do convento de Bonaval, onde ten a súa sé o noso Museo, é o homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2020. O Departamento de Educación e Acción Cultural deseñou un programa de actividades que celebran ao arquitecto e a súa obra a través da matemática lúdica, a narración oral, o baile e o ensino práctico de arquitectura para escolares.
Fórmula Andrade. En colaboración coa Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) póñense a disposición dos e das docentes de secundaria e o seu alumando os materiais para realizar un percorrido matemático polo edificio de Bonaval. Trátase de resolver incógnitas matemáticas relacionadas coa arquitectura de Domingo de Andrade.
Andrade co Lupo. Unha viaxe na que aprender facendo as obras máis destacables de Domingo de Andrade. Lupo é un sistema educativo que utiliza a arquitectura como disciplina transversal clave para interpretar a realidade que nos rodea e introducirnos no coñecemento de moitos campos e disciplinas.
Barrococó. Espectáculo de narración oral e música da compañía Rilo & Penadique dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.
O enredo barroco. A partir da danza de fitas, achégase o mundo barroco de Andrade e ás formas que debuxou nos seus deseños (como, por exemplo, a escaleira helicoidal) aos escolares de 3º e 4º de Educación Primaria.
CIENCIA, CENTROS ESCOLARES E MUSEO
"Os nossos e as nossas avôs foram cientistas" é un proxecto dirixido polo Club UNESCO Ciência, Tradição e Cultura do Instituto Politécnico de Castelo Branco, (Portugal). A iniciativa, que está destinada para alumnado de Infantil e Primaria, investiga e explica a cultura popular en termos científicos. Os temas son diversos e van desde as abellas e o mel ao cultivo do liño, pasando pola alimentación, elaborando materiais didácticos de traballo na aula. Este colectivo de profesorado portugués chega a Galicia a través do Museo do Pobo Galego coa idea de atopar parcerías entre o persoal docente do país para traballar de forma conxunta co alumnado a ambas dúas beiras da raia.
INVESTIGACIÓN EXTERNA
Por segunda vez persoal investigador da Universidade de Oviedo conta co Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego para facer parte dun proxecto sobre avaliación cualitativa de programas didácticos en museos. A primeira foi no proxecto ECPEME da Dirección General de Investigación y Gestión del Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación baixo a dirección da investigadora Roser Calaf durante os anos 2011-2014 (os resultados pódense ler en http://ecpeme.com/). Agora a participación no traballo desenvolvido por unha bolseira FPU adscrita á Universidade de Oviedo, será tamén unha oportunidade para unha nova avaliación en profundidade do noso programa didáctico e dunha revisión do PEM (Proxecto Educativo do Museo).
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download