
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020. Comeza a conta atrás para a celebración da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 23 ao 29 de marzo de 2020 en Santiago de Compostela.
A docente e antropóloga Adriana Vila Guevara e o creador Vicente Vázquez realizarán nesta décimo quinta edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico dous cursos de formación dentro da sección 'Ollares Intencionados'. A organización adianta con estas dúas propostas, parte das actividades formativas que se desenvolverán durante a MICE, e que apostan pola especialización no campo do audiovisual e da antropoloxía.
O taller de Adriana Vila Guevara, leva por título 'Da investigación á creación biográfica', e terá lugar durante a tarde do venres 27 de marzo e o sábado 28 durante toda a xornada. Este taller céntrase en achegar unha metodoloxía e os recursos de base etnográfica, pero tamén cinematográfica e creativa, para aproximarse a labor de comprensión do Outro/Outra. Pola outra banda, o seminario 'O quefacer das imaxes' que impartirá o creador Vicente Vázquez durante a tarde do xoves 26 de marzo. Este seminario ten como fin prefigurar novos procedementos do quefacer da arte e a etnografía, ademais de cuestionar ou poñer en suspensión as convencións sociais existentes arredor da cultura do traballo, partindo da visualización dalgúns dos traballos editoriais, audiovisuais e expositivos do autor.
+ INFORMACIÓN Curso do Adriana Vila Guevara: https://bit.ly/37lOPbq
+ INFORMACIÓN Curso Vicente Vázquez: https://bit.ly/38mVxPY

[A imaxe é un avance do cartaz da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - Museo do Pobo Galego de realizadora e fotógrafa Sabela Iglesias]
Co apoio de Concello de Santiago de Compostela, AGADIC, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga