
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020. Comeza a conta atrás para a celebración da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 23 ao 29 de marzo de 2020 en Santiago de Compostela.
A docente e antropóloga Adriana Vila Guevara e o creador Vicente Vázquez realizarán nesta décimo quinta edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico dous cursos de formación dentro da sección 'Ollares Intencionados'. A organización adianta con estas dúas propostas, parte das actividades formativas que se desenvolverán durante a MICE, e que apostan pola especialización no campo da etnografía e da antropoloxía audiovisual.
O taller de Adriana Vila Guevara, leva por título 'Da investigación á creación biográfica', e terá lugar durante a tarde do venres 27 de marzo e o sábado 28 durante toda a xornada. Este taller céntrase en achegar unha metodoloxía e os recursos de base etnográfica, pero tamén cinematográfica e creativa, para aproximarse a labor de comprensión do Outro/Outra. Pola outra banda, o seminario 'O quefacer das imaxes' que impartirá o creador Vicente Vázquez durante a tarde do xoves 26 de marzo. Este seminario ten como fin prefigurar novos procedementos do quefacer da arte e a etnografía, ademais de cuestionar ou poñer en suspensión as convencións sociais existentes arredor da cultura do traballo, partindo da visualización dalgúns dos traballos editoriais, audiovisuais e expositivos do autor.
+ INFORMACIÓN Curso do Adriana Vila Guevara: https://bit.ly/37lOPbq
+ INFORMACIÓN Curso Vicente Vázquez: https://bit.ly/38CocjZ

[A imaxe é un avance do cartaz da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - Museo do Pobo Galego da realizadora e fotógrafa Sabela Iglesias]
Co apoio de Concello de Santiago de Compostela, AGADIC, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga