Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019. A obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, dirixida polo Consorcio de Santiago, xa leva varios meses en marcha. Nestes intres estase a avanzar nas sondaxes para a instalación da xeotermia, nunha importante aposta pola sostibilidade.
Os arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago responsables deste proxecto, Idoia Camiruaga e Ramón Fernández Hermida, salientan que “en Santiago hai moi poucos edificios que obteñan a enerxía de acondicionamiento térmico da xeotermia e ningún é patrimonial. Trátase de aproveitar a enerxía que proporciona a terra para producir calor e/ou frío de xeito sostible, o que a converte nunha das formas de enerxía renovable máis eficiente”.
Os expertos destacan que “esta medida suporá unha notable diminución do consumo anual de enerxía no edificio, evitando ademais a emisión á atmosfera de gases contaminantes de efecto invernadoiro. A enerxía xeotérmica non devolve á atmosfera o CO2 acumulado durante séculos, como si ocorre coa biomasa ou, de xeito moi marcado,
cos derivados do petróleo”. Nesta liña, lembran que Galicia ten apostado pola xeotermia cunha regulación “pioneira” en España.
Os arquitectos indican que “o xardín do conxunto monumental está feito sobre un gran recheo artificial que alcanza, nalgúns puntos, os 1,80 metros”. Explican que se fixeron sondaxes arqueolóxicas nas que se pode apreciar que os recheos corresponden a épocas modernas, pola mestura de materiais. “Por todo isto, é sinxelo empregar esta área para conectar as canalizacións do fluído procedente das sondas de xeotermia” -apuntan-. Por outro lado, no xardín protexeuse a pía de granito, así como a vexetación existente, en especial a araucaria.
Os primeiros achados
Os responsables do proxecto sinalan que os traballos de demolición avanzan con coidado e xa están a deixar ao descuberto restos como os da capela neogótica do antigo hospicio, de arredor de 1898. Decidiuse protexer a pía de auga bendita aparecida entre os tabiques de cartón-xeso.
Por outro lado, identificouse un armario de madeira de castiñeiro correspondente tamén ao período de transformación do edificio en hospicio. Vaise desmontar para almacenalo nun lugar seguro, de xeito que estea protexido durante as obras, para devolvelo ao edificio unha vez rematada a intervención.
Os arquitectos aseguran que “non parece haber humidades de filtración da ladeira de Bonaval neste edificio da ala sur”. E indican que se está a realizar o estudo da fachada do atrio da igrexa de Bonaval, previo aos traballos de limpeza e restauración da mesma, que inclúe as carpinterías e reixas históricas.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download