Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019.- O Museo do Pobo Galego acolle este xoves 12 de decembro ás 18:30h a presentación do documental O latexo do tempo humano. Tres pezas, tres artesáns co guión, dirección e posprodución realizada por Illa Bufarda. Este audiovisual, que nos aproxima á materialidade efímera das comunidades da Idade do Ferro, nace a partir do estudo das pezas de madeira carbonizada atopadas no Castro de Castromaior (Portomarín, Lugo) realizado por María Martín Seijo, investigadora posdoutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
No acto intervirán Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; María Martín Seijo, da Universidade de Santiago de Compostela; Sabela Iglesias e Pilar Abades de Illa Bufarda e os tres artesáns protagonistas do documental, Lolo de Severiano (Manuel Castro), Tito Ledo e Lola Tourón.
Despois do estudo arqueolóxico e arqueobotánico do conxunto de pezas, foron seleccionadas tres delas: unha culler, un cesto e unha vasilla, para que tres artesáns reflexionaran sobre elas e sobre o proceso de traballo asociado ás mesmas.
A culler que vai á boca, a vasilla que contén o alimento e o cesto que permite almacenar e transportar, son dos obxectos menos coñecidos a nivel arqueolóxico pero que nos transportan directamente á vida cotiá das comunidades pasadas e nos conectan co pasado. A visión aportada polos tres artesáns protagonistas do documental sobre as pezas arqueolóxicas constitúe unha valiosa aportación á conservación do patrimonio inmaterial asociado ao traballo dos materiais vexetais, á cestería e á tornería, pero tamén unha vía de investigación sobre o patrimonio arqueolóxico. Este audiovisual forma parte das tarefas de divulgación dos resultados do proxecto de investigación “MATERIAL - Materialidade e Cultura Material: Madeira e outros materiais vexetais en contextos arqueolóxicos” financiado pola Xunta de Galicia.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga