Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019. Este mércores 10 de decembro, Rosa Sánchez e Pablo Carpintero, persoas vencelladas á música tradicional e á recollida de testemuñas orais, cederon o seu fondo de gravacións de campo ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Este arquivo está composto por máis de 700 horas de gravacións recollidas fundamentalmente en Galicia pero tamén con rexistros de Portugal, Zamora e Asturias, e que compón, un dos arquivos particulares máis extensos da península ibérica.
O acordo de cesión co APOI comprenderá a súa dixitalización e catalogación completa, así como a súa incorporación á páxina web do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade para que todas as persoas e público poida acceder a súa escoita e coñecemento.
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade é o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que se puxo en marcha no Museo do Pobo Galego no ano 2007. Un arquivo público e accesible que ofrece gravacións orais e musicais e os datos necesarios para poñelas no seu contexto cultural.
Na imaxe Concha Losada, responsable do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, e Pablo Carpintero.
.jpg)
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga