Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019. A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura en colaboración co Museo do Pobo Galego inaugura este mércores 11 de decembro a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia. O acto terá lugar ás 17h30 no Claustro do Museo do Pobo Galego.
Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia
Con esta mostra, a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura adiántase á conmemoración dos 100 anos de historia da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de outubro de 1920. A exposición realiza un percorrido pola significación e a obra dos principais persoeiros do Grupo Nós: Vicente Risco (director literario), Castelao (director artístico), Ramón Otero Pedrayo ou Ánxel Casal (entre outros), así coma a súa conexión co Seminario de Estudos Galegos, iniciativa importante que marca o comezo dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre Galiza. Cómpre engadir, que o Grupo Nós será amplamente estudado por Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica o próximo día das Letras Galegas 2020, testemuña desta época e estudoso da obra dos principais artífices do Grupo.
Na inauguración estarán presentes Xosé Regueira e Xurxo Couto, vicepresidente a responsable de Cultura respectivamente da Deputación da Coruña; Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; Luís Martínez-Risco, presidente da Fundación Vicente Risco; Mª Antonia Pérez, presidenta da Asociación Cultural O Galo de Compostela; e María Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura. O acto tamén contará coa actuación da Coral Solfa.

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga