Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019.- O Museo do Pobo Galego acolleu a presentación do novo número dos Cadernos Ramón Piñeiro dedicado a Antonio Fraguas, director e presidente do Padroado do Museo e homenaxeado das Letras Galegas en 2019. A publicación está formada por un limiar e trinta e seis colaboracións que recollen lembranzas arredor da vida e da obra do autor natural de Cotobade.
No acto estiveron presentes Justo Beramendi, presidente do Padroado e da Fundación Antonio Fraguas Fraguas; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; ou Luís Cochón, coeditor da obra.
Homenaxe colectiva
Este número dos Cadernos Ramón Piñeiro XXXIX. Antonio Fraguas: laboris causa. Trigo limpo candeal correu a cargo dos profesores Luís Cochón e Justo Beramendi. O volume constitúe unha homenaxe colectiva ao autor na que participaron Arcadio López-Casanova, Nélida Piñón, Víctor F. Freixanes, Clodio González Pérez, Ana Acuña, Luís Alonso Girgado, Emilio Araúxo, Xosé Luís Axeitos, Carlos Baliñas Fernández, Xosé Ramón Barreiro Rivas, Guilermo Campos Piñón, Rafael Chacón Calvar, Caetano Díaz, Francisco Díaz-Fierros, Xosé Ramón Fandiño, Mar Fernández-Vázquez, Xosé Fortes, Xosé Fuentes Allende, Xoán Carlos Garrido, David González Couso, Manuel González González, X. M. González Reboredo, Bieito Iglesias, Emilio Xosé Ínsua, Gonzalo Navaza, Camiño Noia, Daniel Pino, Xabier Ron, Anxo Tarrío, Xosé Carlos Valle, Antón Vidal Andión, Manuel Vilar, María Dolores Villanueva.
O volume do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) inclúe ademais, a modo de presentación, unha lembranza de Antonio Fraguas asinada por Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego e académico correspondente falecido o ano pasado.

From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download