Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019. - A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se desenvolverá entre o 23 e o 29 de marzo de 2020, abre o prazo para a presentación de filmes que serán seleccionados para concursar na Sección Oficial da XV edición da mostra.
As películas que poderán concorrer á MICE deberán ter sido producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2017. O prazo de admisión de filmes estará aberto dende hoxe, día 7 de novembro, ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2020 ás 23.59h, a través das webs Clickforfestivals e FestHome.
O Museo do Pobo Galego promove a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico co fin de achegar o cine etnográfico e a antropoloxía audiovisual ao público, entendendo o cinema etnográfico como unha ferramenta de investigación, comunicación e creación, no ámbito da representación da diversidade cultural. Busca xerar un espazo de diálogo e intercambio arredor de filmes que mostren aspectos relacionados coas distintas realidades socioculturais, tendo como foco principal as persoas, os grupos sociais ou os procesos históricos relevantes relacionados coa antropoloxía e a etnografía.
PREMIOS
As películas que resulten elixidas para concurso optarán ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico, dotado con 1000 euros, trofeo e diploma. As películas galegas seleccionadas a concurso optarán tamén ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego, dotado con 700 euros, trofeo e diploma. O Premio do público consistirá nun diploma e trofeo acreditativo. Por último, o Premio AGANTRO premiará a excelencia antropolóxica e será outorgado pola Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural, dotado con 500 euros, diploma e trofeo.

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga