Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019.- O Simposio Antonio Fraguas continúa hoxe e mañá no Museo do Pobo Galego con máis dunha ducia de relatorios que profundarán nas achegas do protagonista do Día das Letras Galegas ao campo da etnografía e do folclore, o que cultivou con maior intensidade, mais tamén á xeografía e á arqueoloxía, ás que contribuíu igualmente dende os anos de mocidade como membro do Seminario de Estudos Galegos. Nestes dous últimos eidos centrarase o programa deste mércores, que incidirá no labor de enlace de don Antonio entre o SEG e as novas xeracións de investigadores galeguistas. Haberá ademais ocasión de lembrar o Fraguas docente da man da catedrática emérita da Universidade de Vigo Camiño Noia, alumna de don Antonio no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela nos anos 60.
O programa, coorganizado pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende enriquecer a celebración das Letras Galegas dende a perspectiva
científica profundando tanto no legado de Antonio Fraguas como no estado actual e as perspectivas de futuro das diversas disciplinas que desenvolveu.
Tras a xornada celebrada onte na Academia a institución que decidiu dedicarlle este ano o Día das Letras Galegas e da que foi membro de número—, o simposio continúa no museo que dirixiu dende a súa fundación, en 1977, e do
que foi logo presidente, tras o pasamento do seu irmán Xaquín Lorenzo.
O programa de hoxe arrincará ás 16:30 horas coas intervencións de Francisco Durán e Valerià Paül, profesores do departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, que achegarán o público á situación da xeografía e do seu ensino antes e despois de Antonio Fraguas. O mesmo farán coa arqueoloxía Francisco Calo Lourido, patrón do Museo do Pobo Galego e académico correspondente; Felipe Arias Vilas, exdirector do Museo do Castro de Viladonga e profesor ad honorem da Facultade de Humanidades da USC; e María Pilar Prieto Martínez, profesora da Facultade de Xeografía e Historia da mesma universidade.
O Simposio Antonio Fraguas concluirá este xoves, 28 de novembro, poñendo o foco na etnografía e no folclore da man de María Concepción Losada, Clodio González, António Medeiros, Luzia Oca, Cristina Sánchez Carretero, Xosé C. Sierra e Xerardo Pereiro.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga