Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019.- O Museo do Pobo Galego organizará neste mes de decembro varias actividades co motivo de homenaxear a Antonio Fraguas, quen foi director e presidente do Padroado, e pechar así este ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas.
Por unha banda, a Biblioteca do Museo do Pobo Galego organiza unha pequena exposición na que se amosa un dos aspectos máis persoais do arquivo de Fraguas, recollendo unha escolma das postais de Nadal que se gardan entre a súa correspondencia. A mostra, situada na entrada ao claustro do Museo, estará aberta ao público ata finais deste ano.
Na selección pódense ver postais enviadas por Manoel Beiras, Ben-Cho-Shey, Francisco Fernández del Riego, Josefina e Teresa Castelao, Màrio Cardozo ou José Manuel Pita Andrade, que teñen deseños feitos na súa maior parte por artistas galegos como Ventura Cores, Xohán Ledo, Virxilio, Arturo Souto, Antón Patiño, Isaac Díaz Pardo ou Sobrino Buhigas (entre outros).
.jpg)
O Cantigueiro de Cotobade co dúo Oradaladou
A nota musical deste final de ano estará posta polo dúo Oradaladou o vindeiro sábado 28 de decembro ás 13:00h no Museo do Pobo Galego [hora actualizada]. O grupo composto por Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz) ofrecerá un concerto no que interpretarán un repertorio de 13 pezas do seu disco Cantigueiro de Cotobade, composto a partir das coplas recollidas por Antonio Fraguas dentro do traballo etnográfico que levou a cabo no lugar de onde era natural.
A actuación, que terá lugar no aniversario do seu nacemento, será a actividade que clausurará a exposición temporal 'Antonio Fraguas. Letras Galegas 2019' organizada e promovida polo Museo do Pobo Galego. A entrada ao concerto é libre previa retirada de entrada na recepción do Museo (os billetes estarán dispoñibles dende o día 21 de decembro).
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga