Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019. O Museo do Pobo Galego acolle a presentación do libro A cantería tradicional de José Cernadas Sande (Carnota, 1971). Este volume é o terceiro número da serie Manuais do Museo do Pobo Galego. O acto terá lugar o xoves 14 de novembro ás 19h30 da tarde no auditorio da institución.
Na presentación contaremos coa intervención do prologuista do libro Manuel Caamaño, arquitecto e patrón do Museo do Pobo Galego, e do propio autor, José Cernadas, canteiro profesional.
A cantería tradicional é un libro que recolle, dende o interior do oficio, os coñecementos da cantería tradicional, os útiles, os procedementos e as construcións de xeito sinxelo e didáctico de diferentes traballos de cantería que conforman a paisaxe histórica galega. O fin deste manual é documentar e divulgar os saberes dos canteiros, cuxas técnicas de traballo mudaron debido ao emprego de novas tecnoloxías e ás demandas dun sector altamente industrializado. Tamén poñer en valor o noso patrimonio tradicional. Cómpre lembrar que a UNESCO declaraba en decembro de 2018 a técnica de construción da pedra en seco como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
Manuais do Museo do Pobo Galego
Con este novo volume A cantería tradicional reactívase a colección divulgativa dos Manuais do Museo do Pobo Galego, unha serie iniciada en 1985 coa publicación de A cultura popular de X. R. Mariño Ferro e As festas cíclicas do ano de Clodio González Pérez (1992).

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga