Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2019.- O Museo do Pobo Galego acolle este xoves 7 de novembro ás 19h00 a inauguración da exposición “O soño cubano da emigración galega”. Unha mostra, promovida polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega, que se poderá ver no claustro baixo do museo ata o vindeiro 3 de decembro. Esta exposición forma parte das actividades paralelas organizadas con motivo da celebración do Congreso "A Habana galega: memoria e historias cruzadas".
Esta exposición recolle a importancia e dimensión da comunidade inmigrante galega na Habana dende a primeira metade do século XIX. Ao ser a segunda cidade do mundo que máis galegas e galegos acollía, despois de Bos Aires, fixo que a colectividade de Cuba se artellara de formas diversas a través de centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais dende os cales se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e se enviaron recursos ao país de orixe.
“O soño cubano na emigración” ten como fin narrar e recrear as fases e accións principais da emigración galega, dende a súa chegada ata o seu retorno, pasando polo asociacionismo, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada da inmigración galega cuxas actividades, centros e festas tiñan unha grande visibilidade na sociedade e na cultura cubanas.

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga