Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019.- O presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinaron hoxe pola mañá un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar as actividades culturais que se desenvolven no Museo do Pobo Galego, un espazo cargado de forte simbolismo e un emblema para Galicia e para a cidade de Santiago de Compostela.
Trátase dun acordo dotado con máis de 320.000 euros que permitirá seguir avanzando no obxectivo de ofrecer unha programación pensada para todas as galegas e galegos, así como para os milleiros de persoas visitantes e turistas de todas partes do mundo que visitan a nosa comunidade.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga