Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2019.- O Padroado dos Premios San Martiño, oganizados pola Asociación Cultural O Brado con apoio do Concello da Estrada, decidiu outorgar na súa vixésimo novena edición o galardón á normalización lingüística na modalidade "Todo unha vida" ao Museo do Pobo Galego.
Na acta de resolución, o xurado apuntaba: "constituíuse como un organismo ao servizo da comunidade e sempre comprometido coas tradicións e costumes galegos que a miúdo resultaron esquecidas ou relegadas da historia oficial, pero que son precisamente a esencia onde un pobo atopa as pisadas da súa identidade".
Os premios San Martiño tamén recoñeceron á Asociación Cultural Tamparrantán, pola difusión da lingua galega na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, e á deportista Ana Peleteiro na categoría "Galicia Enteira" á normalización no ámbito galego.
Os galardóns entregaranse nun acto aberto no mes de novembro (data aínda por confirmar) no Teatro Principal da Estrada.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga