O Museo do Pobo Galego acolle hoxe xoves 10 de outubro ás 20h00 a inauguración da exposición “Son de Galicia. Canto, música, baile e teatro dos coros”, unha proposta do Consello da Cultura Galega que ten como fin divulgar o papel que tiveron os coros galegos no desenvolvemento da cultura galega do século XX.
Na inauguración estará presente Rosario Álvarez, presidenta del Consello da Cultura Galega, e Concha Losada, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego. Ademais de Miguel Anxo Seixas, comisario de "Son de Galicia" e Antón Fernández, representante de Cantigas e Agarimos, un dos coros ao que o proxecto expositivo presta atención. Esta mostra temporal, de carácter gratuíto, poderase ver no Museo do Pobo Galego ata o vindeiro 3 de novembro de 2019.
Son de Galicia
A exposición "Son de Galicia" constrúe o seu relato narrativo a partir dos arquivos dos catro coros históricos de Galicia, cuxas formacións seguen activas na actualidade: Toxos e Froles (Ferrol, 1914), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), Coral De Ruada (Ourense, 1918) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela, 1921).
A mostra trata diferentes contidos que van dende os precedentes (o coro Aires de la Terra de Pontevedra), así como as actividades musicais e a labor de recuperación da música tradicional e cantigas populares, a vestimenta e a realización de escenografía propia e o deseño de arte (coa figura destacada de Camilo Díaz Valiño, entre outros), a labor filantrópica e benéfica, a proxección exterior ou o compromiso con Galicia e a súa identidade. A mostra tamén da a coñecer como os coros asumen as representacións teatrais e dramáticas e a preocupación pola conservación da lingua galega (por exemplo, a Cantigas e Agarimos débeselle a estrea de Os vellos non deben namorarse o 25 de xullo de 1961 na Praza da Quintana) e o papel de divulgación do baile e as coreografías dentro e fóra de Galicia, iniciando a tradición do folclorismo que logo explotaría o franquismo.
Este percorrido polos diferentes aspectos que conforman o riquísimo mundo do folclore galego móstrase a través de distintos paneis de imaxes, acompañados de vitrinas nas que se mostra documentación, publicacións, manuscritos, partituras e máis fotografías, ademais doutros obxectos como instrumentos, discos, vestimenta, esbozos de decorados e material audiovisual de apoio.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga