O presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, e o Concello Reitor da entidade, reuníronse onte co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, no Pazo de Raxoi. Neste encontro falouse do comezo próximo das obras de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, financiadas polo Consorcio de Santiago.
Ao rematar o encontro, o rexedor indicou que "está previsto que este mesmo mes empecen as obras de ampliación e renovación do espazo museístico, unha vez peche a actual exposición e queden dispoñibles as salas". Afirmou que ten pendente un encontro co conselleiro de Cultura para "complementalo co proxecto museográfico". A ala sur do emblemático conxunto de San Domingos de Bonaval vaise adecuar para acoller novos espazos expositivos, oficinas e outros usos do Museo do Pobo Galego. A superficie útil resultante das obras é de, aproximadamente, 1.600 metros cadrados. A intervención vaise prolongar ata finais de 2020 e prevese que o novo espazo se inaugure de cara ao vindeiro Ano Santo 2021, unha vez completada a musealización do espazo.

Máis información: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=18857&lg=gal
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga