O presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, e o Concello Reitor da entidade, reuníronse onte co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, no Pazo de Raxoi. Neste encontro falouse do comezo próximo das obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, obras financiadas polo Consorcio de Santiago.
Ao rematar o encontro, o rexedor indicou que "está previsto que este mesmo mes empecen as obras de ampliación e renovación do espazo museístico, unha vez peche a actual exposición e queden dispoñibles as salas". Afirmou que ten pendente un encontro co conselleiro de Cultura para "complementalo co proxecto museográfico". A ala sur do emblemático conxunto de San Domingos de Bonaval vaise adecuar para acoller novos espazos expositivos, oficinas e outros usos do Museo do Pobo Galego. A superficie útil resultante das obras é de, aproximadamente, 1.600 metros cadrados. A intervención vaise prolongar ata finais de 2020 e prevese que o novo espazo se inaugure de cara ao vindeiro Ano Santo 2021, unha vez completada a musealización do espazo.
Máis información: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=18857&lg=gal
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga