Manuel Vilar Vilar é socio do Museo do Pobo Galego desde hai vinte e cinco anos, e representou os socios e socias no Padroado, e tamén na Xunta Reitora. En decembro de 2012 foi elixido como membro numerario do Padroado, e desde xaneiro de 2013 a decembro de 2018 foi secretario técnico do Museo. É membro do Instituto de Estudos das Identidades e mais do consello de redacción da revista ADRA.
Licenciado en Xeografía e Historia e máster en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio, realizou os cursos de doutoramento en Antropoloxía. Ten feito traballo de campo sobre patrimonio etnográfico e museos, e participou como relator en diversos congresos, tanto no ámbito da antropoloxía como relacionados cos estudos xacobeos e cos máis variados aspectos da cultura da súa terra natal, a Costa da Morte.
É autor, entre outros, dos libros Os Faros da Costa da Morte (con X.M. Lema Suárez, 2001); Dicionario Xaquín Lorenzo “Xocas” (2004); O Camiño a Fisterra (2006) ou Romarías da Costa da Morte (con X. Fernández Carrera, 2011). O seu título máis recente é Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil (Alvarellos, 2019). En 2009 recibiu o Premio de Investigación “Rutas Xacobeas” convocado pola Asociación de Cámaras de Comercio por un traballo sobre este mesmo tema.
From Tuesday to Saturday:
11:00 -18:00 hours
Sundays and holidays
11 - 14 hours
MONDAYS CLOSED
December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours
Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)
Ordinary ticket:
4 euros
Reduced rate:
1,50 euro (over 65, students over 18)
Free entrance:
Museum Members (companion 3 euros), students under 18 and unemployed
Groups of 6 or more:
3 euros per person
Temporary Exhibition visits:
Free
Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.
Download