Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2018.- O Museo do Pobo Galego e mais a Fundación Antonio Fraguas Fraguas acollen con extraordinaria satisfacción a decisión da Real Academia Galega de dedicar o día das Letras Galegas 2019 a don Antonio Fraguas Fraguas.
Ambas as institucións, que son depositarias do seu legado intelectual, traballan conxuntamente por manter e difundir o labor docente e científico de don Antonio, exercido durante décadas e a través de varias xeracións, até constituír unha referencia para a cultura galega que se concreta, ademais de nas súas numerosas publicacións, no traballo a prol do Seminario de Estudios Galegos, o Instituto Padre Sarmiento, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega.
O seu compromiso co país, a súa talla intelectual, a súa calidade humana fano sen dúbida merecente da honra de ser homenaxeado no Día das Letras Galegas, precisamente no ano en que se cumpre o vixésimo aniversario do seu pasamento.

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga