O acto de recepción estivo presidido por Justo Beramendi, presidente do Padroado do MPG, Rosa Quintana, conselleira do Mar, e Verónica Veres, presidenta da Federación, e contou coa asistencia de Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e Sol Vázquez, directora xeral de Comercio.
A das redeiras ou atadeiras é unha profesión de gran tradición, na que prima o xénero feminino. A Federación constituíuse como unha plataforma que traballa pola defensa dos intereses das redeiras profesionais, na divulgación deste labor tradicional, na prevención de riscos laborais, na formación das asociadas e na denuncia do intrusismo.
A Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” agrupa sete asociacións profesionais: a de Cariño, a de Cedeira, “O Fieital" de Malpica, “Illa da Estrela” de Corme, "Maruxía" de Cambados, "O Cerco" de Cangas e "Atalaia" do Baixo Miño.

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga