Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Idioma

Seleccione su idioma

menú de navegación rápida

vuelva al inicio, navegue a través del mapa web o póngase en contacto con nosostros



Está usted en:

Noticias

Xa podes descargar "Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva"

22-09-2016

http://www.museodopobo.gal/web/uploads/file/ActivandoamemoriadesdeoMPG.pdf Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva funciona como unha guía para o uso de recursos asociados aos contidos do Museo nas terapias cognitivas con persoas afectadas de doenzas tipo alzheimer. Constituída por unha serie de exercicios orientados á estimulación cognitiva-funcional, baseados en distintos aspectos do folclore galego, as actividades propostas pretenden provocar estímulos auditivos, psicomotrices e visuais que axuden a activación da memoria, ao reforzamento das capacidades cognitivas e a xerar un impacto positivo sobre as emocións. Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego é froito da colaboración de AGADEA (Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer) e o Departamento de Educación e Acción Cultural, do Museo do Pobo Galego e iniciada xa unha década. O proceso para chegar ata a publicación que agora se presenta, desenvolveuse nos últimos tres anos nos que, o persoal do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo e de AGADEA, traballou sobre o deseño dun programa de actividades para testar, primeiramente, cun grupo de control. Esta fase de ensaio, que durou nove meses, consistiu en diversas sesións nas que se probaron distintos temas, dinámicas e actividades. A posterior análise e avaliación das mesmas levou a escolla de determinados elementos do patrimonio etnográfico e do tipo de actividades que mellor cumpriran cos obxectivos marcados e que son os que conforman a proposta definitiva. O deseño desta proposta final correu a cargo da terapeuta de AGADEA, Beatriz Rey Mourelle e da educadora do Museo, Carme Campo Martínez. Este proceso, ademais de axudar a definir os recursos, incorporou tamén as voces das persoas afectadas pola doenza de alzheimer, a través daquelas que participaron na fase de ensaio. Unha parte fundamental de todo o proxecto é o empoderamento das persoas afectadas e de quen as atende, dentro dun contexto de reflexión crítica sobre o papel dos museos como espazo e ferramenta de transformación social, imprimindo novos significados ao patrimonio que albergan. A publicación, que se edita só en formato dixital, estará dispoñible na web de AGADEA e na do Museo a partir da súa presentación pública. A idea é que estea accesible para calquera que queira usala, profesional ou non. O deseño fíxose pensando no seu manexo tamén no ámbito doméstico, por aquelas persoas que teñen ao seu coidado a algún ou algunha doente.

Horario de visitas

Horario del Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos y festivos
11 - 14 horas

LUNES CERRADO

24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas

Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)

Tarifas

Tarifas del Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)

Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados

Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona

Visita a exposiciones temporales:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)


DÓNDE ESTAMOS

Situación geográfica del Museo

acceso al mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Más información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto

más información de las visitas guiadas

visita virtual

Una mirada virtual al museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto y Política de privacidad