Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Idioma

Seleccione su idioma

menú de navegación rápida

vuelva al inicio, navegue a través del mapa web o póngase en contacto con nosostros



Está usted en:

Noticias

A Fundación Antonio Fraguas premia proxectos didácticos de Vedra e Monforte de Lemos

21-06-2016

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas é un xeito de premiar a comunidade escolar polos seus esforzos cara á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valoración dos máis diversos elementos do noso acervo cultural, a través de traballos sistemáticos de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna dos centros escolares. O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que cumpre dez edicións, está integrado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Plan Proxecta. Entregarase un premio de 7.000 euros a cada proxecto, ambos do ensino secundario, xa que a modalidade de primaria quedou deserta. Os traballos realizaranse durante o curso seguinte 2016-2017 e os resultados serán expostos en setembro de 2017. Nesta edición acordouse premiar os seguintes centros: - CPI Plurilingüe de Vedra por Vedr@ medra, unha aposta polo patrimonio inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego. Segundo o xurado, este proxecto consegue implicar non só a comunidade educativa senón tamén distintos axentes sociais e culturais co fin de darlle valor á riqueza lendaria e sobre todo toponímica das parroquias e contorna do Concello de Vedra. Alén diso, recoñéceselle o feito de estar inscrito no Programa Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a posibilidade de incluír o alumnado dos tres ciclos educativos no mesmo. - IES A Pinguela de Monforte de Lemos, ao proxecto Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá. Destaca a novidade de poñer o acento na recollida das manifestacións plásticas na arqueoloxía e na arquitectura tradicional, e polo feito da súa proxección con novas experiencias artísticas cara ao futuro. O xurado, reunido este luns 20 de xuño, estivo composto por Francisco Fariña Busto, representando ao Presidente da Fundación; María Xosé Fernández Cerviño, en representación do Director do Museo do Pobo Galego; Pura Galán Boutureira, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística; Clodio González Pérez, en representación da Fundación Antonio Fraguas Fraguas; e Francisco J. Sanjiao Otero, como Secretario.

Horario de visitas

Horario del Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos y festivos
11 - 14 horas

LUNES CERRADO

24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas

Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)

Tarifas

Tarifas del Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)

Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados

Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona

Visita a exposiciones temporales:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)


DÓNDE ESTAMOS

Situación geográfica del Museo

acceso al mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Más información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto

más información de las visitas guiadas

visita virtual

Una mirada virtual al museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto y Política de privacidad