O presidente do Padroado, Justo Beramendi, abriu o acto resaltando a importancia da efeméride, xa que "a normalización imperfecta do galego nos usos públicos non existiría de non ser polo impulso das Irmandades da Fala".
Exposición polas cidades
Unha das principais homenaxes será a exposición Saúde e terra, irmá(n)s, realizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Museo do Pobo Galego e a Real Academia Galega. A mostra comezará na Coruña en maio e estará no Museo en xullo, para despois moverse polas cidades galegas e rematar o percurso por vilas coruñesas, con intención de facer chegar á cidadanía a mensaxe das Irmandades e o seu labor. Reivindicar as Irmandades da Fala como "innovadoras e modernas", en palabras da vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, quen explicou o título da mostra como unha "chiscadela para recuperarmos tamén o que fixeron moitas mulleres" como María Miramontes ou Elvira Vao. A música, xornais da época, sons e outros elementos reúnense nesta exposición multimedia distribuída en cubículos.
Simposio en novembro
O Museo do Pobo Galego coorganiza o simposio Repensando Galicia: as Irmandades da Fala (1916-1931), patrocinado pola Xunta de Galicia e coa colaboración de diferentes fundacións e institucións. As conferencias celebraranse entre o 17 e o 19 de novembro e versarán sobre os diferentes ámbitos nos que se enmarcaron as Irmandades como a lingua, a política, a economía, a literatura, a sociedade, as ciencias, as artes plásticas, a música, a cuestión de xénero, as relacións exteriores e outros temas. Non se trata só de estudar o pasado, senón de ver as súas influencias no presente e a posibilidade de aplicalo no futuro. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, recoñeceu a "liña de traballo positiva" das Irmandades e o logro de poñer en valor a lingua galega, "peza fundamental do noso ser como pobo".
Na presentación destas e outras actividades interviñeron o presidente do Padroado do MPG, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, o presidente da Real Academia Galega, o presidente do Consello da Cultura Galega e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga