Baldomero Pestana (1 de xaneiro de 1908 - 7 de xullo de 2015)
Fotógrafo, debuxante e pintor, Baldomero Pestana naceu en Pozos (Castroverde) e con catro anos emigrou a Bos Aires cos seus pais. A súa afición polas artes e polas letras xa se fixo notar desde a súa infancia; afición que culminou na súa formación coma fotógrafo profesional, primeiro de prensa e despois artístico. Con 39 anos decide emigrar por cousa da dictadura arxentina e establécese en Perú, onde comezará a traballar para revistas e institucións que, pouco a pouco, van impulsando a súa carreira. É tamén en Perú onde realiza a súa primeira mostra individual. Retratou a personalidades de tódolos ámbitos, coma Vargas Llosa, Pablo Neruda, Nixon ou Roman Polanski, entre outros. En 1967 trasládase a París onde, continuando co seu labor fotográfico, empeza a desenvoler o que sempre fora a súa paixón: a pintura. Traballou sempre con documentos tomados por el e a súa técnica destacou pola visión fotográfica coa que dotou ás súas obras.
Este gran home das artes, enamorado da súa terra natal, finou onte na súa casa de Lugo. Vaia o noso sentir para con esta extraordinaria persoa coa que tivemos a sorte de traballar e compartir a súa visión profunda e única.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga