O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, promovido pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, está formada polos traballos dos dous centros premiados nesta XI edición. Na modalidade de ensino primario, o premio recaeu no traballo do CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo), presentado baixo o título de “Pintando o patrimonio, definimos a nosa identidade”. É unha investigación escolar que destacou pola divulgación dos elementos do patrimonio etnográfico e histórico da súa contorna e que culminou na realización colectiva dun mural para referencia da comunidade local.
Na modalidade de ensino secundario, o proxecto seleccionado foi o titulado “Iconografía sacra e profana no concello de Silleda” do CPR María Inmaculada de Silleda, que destacou por favorecer as estratexias de investigación e divulgación que permitiron o coñecemento de manifestacións artísticas na súa contorna. A exposición poderase ver dende este 26 de outubro ao 30 de novembro.
O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
A Fundación Antonio Fraguas busca lembrar a través da organización deste proxecto didáctico á figura do eminente pedagogo que fora primeiro director do Museo do Pobo Galego. Faino premiando á comunidade escolar polos seus esforzos cara a educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valoración dos máis diversos elementos do noso acervo cultural, que os centros participantes realizan a través de traballos de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da súa contorna.
O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e está recoñecido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como proxecto de innovación educativa.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos y festivos
11 - 14 horas
LUNES CERRADO
24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas
Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)
Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados
Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona
Visita a exposiciones temporales:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime.
Descarga