A exposición 'Wanderlust Galicia-Baviera' reúne a obra de 33 artistas destas dúas procedencias. Esta cita é o resultado da colaboración entre o Museo do Pobo Galego, que abre as súas portas como espazo expositivo, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta e o Parlamento de Galicia, patrocinadores da mostra. O acceso á exposición, que estará distribuída entre as salas expositivas e o Claustro Alto do Museo, será gratuíto.
Os comisarios Antón Sobral e Hubert Huber colaboraron na selección de artistas de Galicia e Baviera que compón 'Wanderlust Galicia-Baviera', centrándose cada un nun dos territorios. As propostas incluídas van dende a pintura á escultura, pasando pola fotografía ou as instalacións, todas a cargo de creadores e creadoras actuais que, a pesar de traballar en lugares afastados con historias, relatos e problemáticas distintas, acaban por articular unha estrutura e unha linguaxe común. A confluencia desta variedade de propostas artísticas ofrece un resultado marcado pola pluralidade de paisaxes interpretadas, intervencións que se acomodan ao espazo e unha ampla imaxe de realidades figurativas e abstractas.
Un proxecto que tende pontes
Detrás da mostra 'Galicia-Baviera' atópase un proxecto máis amplo destinado a favorecer e potenciar as relacións e a colaboración entre ambos territorios por medio de residencias artísticas ou a través da organización de exposicións coma a que acolle nesta ocasión o Museo do Pobo Galego.
A primeira parada desta exposición 'Galicia-Baviera' é o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, onde se poderá ver ata o 6 de xaneiro de 2019. A próxima cita será no ano 2019 na galería do Castelo de Neuburg, no distrito de Passau, Alemaña.
De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas
Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)
Entrada ordinaria:
4 euros
Entrada reducida:
1,50 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 3 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 6 persoas:
3 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal
Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga